RADIOAFECCIÓN · VIGO & VAL MIÑOR

EA1RKV

Unión de Radioafeccionados de Vigo-Val Miñor

O RADIOCLUB

Nas Ondas de Vigo dende 1986

Somos a Unión de Radioafeccionados de Vigo-Val Miñor, co indicativo EA1RKV. Un punto de encontro para quen compartimos a curiosidade polas ondas, a comunicación e a experimentación coa radio.

Queremos achegar a radioafición ao noso contorno e crear un espazo para aprender, intercambiar coñecementos e compartir experiencias. Tanto se levas anos nas ondas como se estás comezando a descubrir este mundo, aquí tes un lugar para coñecelo mellor.

Os nosos fins principais son:

  • Formar a radioafección en todos os aspectos comunicativos e técnicos, de xeito
    especial da mocidade e mulleres, que supoñen unha porcentaxe pequena no
    colectivo actual.

  • Atender os requirimentos de colaboración en materia de comunicacións en situacións de emerxencia, poñendo as instalacións e voluntariado da URV-VM a disposición das administracións, na medida do posible.

  • Cumprir na URV-VM e asesorar as persoas asociadas, sobre a lexislación oficial, normativa vixente e recomendacións da IARU referida á practica das radiocomunicacións en xeral, e da radioafección en particular.

  • Fomentar a camaradería entre os radioafeccionados e radioafeccionadas, entendendo o noso hobby como unha ponte entre culturas.

  • Estimular a investigación no campo da electrónica, informática e Intelixencia Artificial para aplicar nas comunicacións por radio.

  • Preservar a memoria das persoas que dedicaron a súa vida a fomentar a radioafección na comarca de Vigo.

  • Preservar modos de transmisión históricos, como é o caso da telegrafía, coa formación de telegrafistas e a organización de actividades telegráficas.

  • Prestar aos socios da URV-VM, servizos relacionados coa práctica da radioafección, que se establezan, ben directamente, ben a través de convenios con outras sociedades.

Nesta web atoparás a presentación do radioclub e o noso blog, onde compartiremos novas, experiencias e artigos sobre radioafición desde Vigo e Val Miñor.

Servizos

Consulta os repetidores, frecuencias e equipos do radioclub.

DENDE EA1RKV

Últimas publicacións

Ver todo o blog

Pronto compartiremos aquí as primeiras novas e artigos do radioclub.